A evolución da pandemia marcará os límites temporais de cada escenario, compatible coas etapas descritas, fase de preparación, desescalada propiamente dita e nova normalidade ata a fin da COVID-19. A desescalada terá distinta duración, se todo evoluciona favorablemente (máis curta), fronte a escenarios con rebrotes de diferente gravidade que poderían alongar o proceso.