Medidas Locais

PROGRAMA MUNICIPAL DE AXUDAS EXTRAORDINARIAS DE EMERXENCIA “REACTIVA TUI”, DIRIXIDAS AO MANTEMENTO DO TECIDO EMPRESARIAL MUNICIPAL

Convocatoria para a concesión de axudas para os traballadores autónomos, microempresas e pequenas empresas cuxo domicilio fiscal e local comercial afecto á actividade radique no termo municipal de Tui. Son gastos subvencionables os gastos de aluguer de locais comerciais, os gastos de implantación ou mellora do existente, gastos derivados co cumprimento das especificacións de servizo, limpeza, desinfección, mantemento e xestión do risco derivadas das medidas para a redución do contaxio polo coronavirus SARS-COV-2 e investimentos para o acondicionamento de locais comerciais polos efectos do COVID e para lograr espazos máis seguros.

https://boppo.depo.gal/bop-v2-portlet/download?id=idd_5441110E-28B4-4B6B-95FC-789A6A0ABD50&fileName=an.bop.PONTEVEDRA.20200612.2020025586.pdf