A empresa ten que seguir cotizando polas persoas traballadoras afectadas polo expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) mentres estas cobran a prestación de desemprego?
Depende da causa do ERTE:
- Por causa de forza maior: as empresas que a 29 de febreiro tivesen menos de 50 persoas traballadoras quedan completamente exoneradas do pago da cota empresarial á Seguridade Social, mentres que nas empresas con 50 ou máis persoas traballadoras a exoneración acada o 75% da cota empresarial. A exoneración non é automática e debe ser solicitada pola empresa. En todo caso, esta medida extraordinaria está suxeita ao compromiso da empresa de manter o emprego durante seis meses desde a data de reinicio da actividade.
- Por causas produtivas: neste caso, a empresa ten que seguir cotizando con normalidade.
Nesta web utilizamos cookies, propias e de terceiros, coa finalidade de prestarlle unha mellor experiencia na súa navegación, recordando as súas preferencias. Vostede ten a opción de aceptalas, rexeitalas ou configuralas. Ler máis Aceptar Rexeitar Configurar Ver la política de Cookies