Non computarán, en cada trimestre natural do exercicio 2020, como días de exercicio da actividade, os días naturais nos que estivese declarado o estado de alarma no devandito trimestre para:
– Os contribuíntes do IRPF que desenvolvan actividades económicas incluídas no anexo II da Orde HAC/1164/2019, do 22 de novembro, (2) e determinen o rendemento destas polo método de estimación obxectiva, para o cálculo do pago fraccionado en función dos datos-base.
– Os suxeitos pasivos de IVE que desenvolvan actividades empresariais ou profesionais incluídas no citado Anexo II e estean acollidos ao réxime especial simplificado de IVE, para o cálculo do ingreso a conta no ano 2020.
Información adicional:
Decreto/normativa: Art.11 del RDL 15/2020
https://www.boe.es/eli/es/rdl/2020/04/21/15