Extensión dos prazos de vencimento e de carencia das operacións de financiación a autónomos e empresas que teñan recibido aval público canalizado a través do ICO. O prazo de vencimento dos avais liberados ao amparo do Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, extenderase por un período adicional máximo de tres anos, sempre e cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 1 do Real Decreto Lei 34/2020, de 17 de novembro e o vencemento total da operación avalada non supere os oito anos dende a data de formalización inicial da operación.