Apoio para o impulso da internacionalización dixital

Apoio a pemes e comerciantes (Subvención de ata un 80% a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva) para a realización de diagnósticos de potencial exportador; plans de internacionalización dixital multicanle; plans de mercados electrónicos concretos; a creación e adaptación de tendas en liña e catálogos en liña para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo ou a adquisición de software específico, entre outros.

 

Refórzase o programa Galicia Exporta Dixital, que contará así cun orzamento de 6 millóns de euros, incorporando como novidade destacada que os comercios polo miúdo poderán acollerse ás axudas.

 

Información adicional:

http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP377

 

Decreto/normativa:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200124/AnuncioO92-080120-0003_es.html