Exención na cotización a favor dos traballadores autónomos que percibiran a prestación extraordinaria de cese

Os autónomos incluidos no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, ou traballadores do mar que percibiran a prestación extraordinaria por cese de actividade, terán dereito a unha exención nas súas cotizacións á Seguridade Social: 100% cotizacións de xullo, 50% de agosto e 25% de setembro. A exención será incompatible coa percepción da prestación por cese de actividade.

Normativa:https://www.boe.es/boe/dias/2020/06/27/pdfs/BOE-A-2020-6838.pdf