Liña de financiamento para o sector turístico e actividades conexas afectados pola COVID-19

Trátase dunha liña específica de financiamento intermediado, destinada a empresas e autónomos do sector turístico e actividades conexas. Modifícase a liña existente para ampliar a súa aplicación a empresas afectadas en todo o territorio nacional (e non só ás Comunidades Autónomas de Canarisa e Illas Baleares) e aos sectores relacionados co turismo que non estaban previstos na liña de financiamento orixinal.

A liña de financiamento dótase con 200 millóns de euros adicionais aos 200 millóns de euros inicialmente previstos. É unha liña dentro da Liña ICO Empresas e Emprendedores que contaría cunha garantía parcial (ao 50 %) do MINCOTUR, xestionada polo ICO. Os custos da devandita garantía e de xestión da liña que se carguen contra o Fondo de Provisión serán repostos polo MINCOTUR con cargo á liña orzamentaria existente para a liña Thomas Cook.

 

Información adicional:

Decreto/normativa: