Novas medidas sociais en defensa do emprego: Ampliados os ERTE ata o 31 de xaneiro de 2021

rorrógase a aplicación das medidas excepcionais para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 (art. 22 Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo), cuxa vixencia estaba prevista, inicialmente, ata o 30 de setembro de 2020. Desta maneira, ata o próximo 31 de xaneiro de 2021 prorróganse automaticamente de todos os expedientes de regulación temporal de emprego baseados no artigo 22 da Real Decreto-lei 8/2020 (ERTES de forza maior), do 17 de marzo, vixentes e aplicables á data de entrada en vigor do novo decreto-lei (30 de setembro de 2020).
Créanse dúas novas submodalidades de ERTE de forza maior: ERTE por impedimento (para empresas cuxa actividade se viu suspendida por decisión sanitaria) e ERTE por limitación de actividades en todos os sectores (para empresas cuxa actividade non se vexa do todo interrompida por decisión sanitaria pero si limitada), con novas exoneracións de cotas.

https://www.boe.es/eli/es/rdl/2020/09/29/30