Modificación do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200815/AnuncioC3K1-140820-1_gl.html
Prohíbese o consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou en espazos ao aire libre sempre que non se poida garantir a distancia de dous metros con outras persoas.
Nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara, o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene
Distancia de seguridade interpersoal Nos locais de hostalería e restauración deberase respectar en tódolos casos a distancia interpersoal de seguridade. A ocupación máxima por mesa ou agrupación de mesas será de 10 persoas, que deberán respectar a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.
Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada sen que poida permitirse o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas
Os locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno permanecerán pechados