ORDE do 27 de abril de 2020 pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Ante a situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o Goberno de España declarou, mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, o estado de alarma en todo o territorio nacional. Esta situación prorrogouse mediante o Real decreto 476/2020, do 27 de marzo, por quince días máis, polo Real decreto 487/2020, do 10 de abril, ata o 26 de abril de 2020, e polo Real decreto 492/2020, do 24 de abril, ata o 10 de maio de 2020, nas mesmas condicións previstas no real decreto inicial.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200504/AnuncioG0532-270420-0003_gl.html