Restablecemento de prazos 1 de Xuño: Que prazos se ven afectados no ámbito da Tesourería Xeral da Seguridade Social por este restablecemento?

Os termos e prazos no ámbito dos procedementos de xestión da recadación, restablécense con data  1 de xuño,  no  ámbito administrativo e,  dende o  4  de xuño,  tamén na orde  procesual con relevancia nos procedementos concursais nos que a TGSS é parte.

Restablécese, polo tanto, a emisión dos seguintes actos administrativos:

  • Reclamacións de débeda
  • Providencias de constrinximento
  • Dilixencias de embargo
  • Calquera outro trámite recadatorio, tanto en vía voluntaria coma executiva.

Así mesmo, restablécense ou inician todos os prazos relativos ás notificacións dos actos administrativos, tanto telemáticas coma postais.

Así mesmo, restablécese ou se inicia o cómputo dos prazos para efectuar alegacións, achegar documentación ou interpoñer recursos administrativos, así como xudiciais (estes a partir do día 4).